Saltar ao contido

Romería da Barca de Muxía

Que facer

Muxía/Que facer

Os espazos naturais, santuarios, áreas recreativas, igrexas e miradoiros son os principais atractivos de Muxía, destacando o Santuario da Virxe da Barca e os seus impresionantes arredores. Se queres coñecer máis detalles sobre todo o que Muxía pode ofrecerche, recomendámoste que te achegues pola Oficina de Información Turística, localizada na Casa das Beiras.

As instalacións están abertas todo o ano en horario de martes a venres de 09.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas. Aquí poderás solicitar máis información sobre os principais puntos de interese turístico do municipio, diversas recomendacións sobre experiencias que podes desfrutar en Muxía, ademais de folletos turísticos sobre o noso territorio e os seus arredores.

Podes contactar directamente a través do e-mail turismo@muxia.es ou dos teléfonos (+34) 981 742 365 ou (+34) 981 742 001.

Oficina Turismo

Aquí presentamos os 10 mellores atractivos turísticos, así como plans tanto en Muxía como nos seus arredores.

Ir o contido
Romería da Barca de Muxía
Resumen de privacidad

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.