Saltar ao contido

Romería da Barca de Muxía

Outras propostas

Actividades/Outras propostas

O pregón da Romaría da Virxe da Barca marca o inicio oficial das nosas festas dende 1989, ano no que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

A honra de ser o primeiro pregoeiro recaeu en Xusto López Carril, veciño de Muxía e locutor de Radio Galega. Tras unha breve pausa, a tradición retomouse en 1993 con José Luis García López, tamén de orixe muxián, e en 1994 co investigador corcubionés Luis Lamela García, quen inmortalizou a esencia da nosa terra coas palabras: “Pedra, mar e vento. Vida e tradición.” Dende entón, cada ano unha personalidade destacada de ámbitos tan diversos como os medios de comunicación, a cultura, a literatura, a medicina, a universidade, o deporte ou os espectáculos, tiveron o privilexio de inaugurar a Romaría. Figuras como o coñecido comunicador de Radio Galega, Luis Rial, deixaron a súa pegada. A pesar das súas variadas orixes, todos os pregoeiros comparten un profundo amor e vinculación con Muxía, facendo deste discurso un momento cargado de emoción e significado.

Para enriquecer a experiencia das persoas visitantes á Romaría, a programación inclúe propostas complementarias deseñadas para tódolos públicos. Estas actividades buscan celebrar e poñer en valor os principais atractivos de Muxía, a súa rica tradición e o seu vasto patrimonio. Atoparás dende actividades pensadas especialmente para os máis pequenos, asegurando a diversión familiar, ata iniciativas culturais e gastronómicas que te invitarán a saborear a esencia da nosa vila e a descubrir a súa  historia dunha forma única.

Cabezudos
Ir o contido
Romería da Barca de Muxía
Resumen de privacidad

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.