Como chegar
Muxía -e o seu Santuario da Virxe da Barca- é facilmente accesible, situada a pouco máis dunha hora en coche dos aeroportos de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e Alvedro (A Coruña). O aeroporto de Peinador (Vigo) atópase a dúas horas en coche de Muxía.
Como chegar
A localidade está conectada por vías de alta capacidade, combinadas con estradas autonómicas, provinciais e locais.
Desde o aeroporto de Alvedro, a metade do traxecto realízase polas autovías A-6 e A-55 (seguindo as indicacións a Carballo), ata o enlace en Baio, onde se toma a AC-552, continuando pola AC-440 e a DP-5210 ata Muxía.
Se se accede dende o aeroporto de Santiago de Compostela, débense seguir a A-52, a AP-9 e a A-56. A continuación, tómanse as estradas autonómicas AC-544 e AC-546 para chegar a Muxía.
No caso do aeroporto de Peinador, tomarase a AP-9 ata Santiago de Compostela para despois realizar o percorrido anterior a partir da A-56.
Coordenadas
42.561511, -8.827917
Como chegar
EN COCHE
- 1 hora e 11 minutos en coche dende os aeroportos de Lavacolla-Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e de Alvedro (A Coruña)
- 1 hora e 47 minutos dende o aeroporto de Peinador (Vigo)
NO TRANSPORTE PÚBLICO
Principais liñas de autobús (dúas horas de traxecto):
- Monbus: dende a intermodal de Santiago de Compostela e a estación de Vigo
- Ferrín: dende Santiago de Compostela
- Arriva: dende A Coruña