Sin categoría archivos - Romería da Barca de Muxía

A Romaría da Barca de Muxía pechou a súa edición máis multitudinaria superando os 55.000 asistentes
A Romaría da Virxe da Barca pechou a súa última edición cun balance moi positivo. “Estamos moi satisfeitos coa boa resposta de asistencia rexistrada nesta edición, a pesares das ameazas de choiva, chegando a superar as 55.000 persoas participantes nas distintas actividades da festa. De feito, na xornada do domingo asistiu máis público que o ano pasado”, indica Ramón Pérez Barrientos, presidente da Asociación Cultural da Romaría da Barca, organizadora do programa festivo.

“As festas transcorreron con total normalidade e sen incidentes de relevancia”, indica Pérez, quen tamén salientou a capacidade de convocatoria que este ano tivo a celebración. “Xornalistas de medios de comunicación internacionais achegáronse a Muxía para coñecer de preto a nosa celebración, quedando moi sorprendidos coa cantidade de xente asistente, a variedade de propostas e os aspectos singulares como os fogos de artificio e a nosa traca de bombas de palenque”, explica.

Os aloxamentos do municipio penduraron o cartel de completo durante a fin de semana grande do evento. No caso concreto dos albergues, notouse unha importante afluencia de peregrinos estranxeiros que quixeron aproveitar a súa viaxe para descubrir o amplo programa de actos, que combinou os oficios relixiosos coas actividades culturais e de lecer. Igual de ateigados estiveron os restaurantes e bares da capital muxiá durante as xornadas festivas, ao igual que as carpas de polbeiras e os variados postos de comida que se distribuíron pola zona do Malecón.

Visitantes de todo o mundo

Pola súa banda, o Santuario da Barca non deixou de recibir visitantes durante a semana previa e na propia da romaría. “O feito de que saíra nos medios que a pedra volveu abalar fixo medrar tamén o número de romeiros no templo, non só nos días centrais, senón tamén durante toda a Novena. Ademais, a procesión nocturna dos fachos sumou máis devotos que o ano pasado. Incluso esta fin de semana a concorrencia foi masiva”, afirma o cura párroco do templo, Daniel Turnes, quen tamén salientou que “a colaboración entre institucións favoreceu que fora un éxito todo”.

O páaroco tamén puxo de manifesto o incremento no número de “peregrinos de todas as partes do mundo”. Non en van, durante a Romaría da Virxe da Barca déronse cita no templo diversas nacionalidades: coreanos, taiwaneses, estadounidenses, ingleses, suramericanos, irlandeses, franceses e, incluso, de Indonesia… Un crisol de procedencias cun mesmo obxectivo: descubrir esa espiritualidade e contornas únicas que fan do Santuario da Barca un destacado lugar de culto e visita. “O peregrino que finaliza en Muxía o seu Camiño, busca aquí un espazo para a reflexión e para compilar todas as experiencias vividas durante a súa travesía… E adoita repetir”, conclúe Turnes.

A convivencia entre os actos litúrxicos e lúdicos fan do programa unha combinación perfecta para atraer a todo tipo de públicos. Así, ofrecéronse durante as catro xornadas desde procesións, oficios e Misa de Campaña, ata pasarrúas de charangas, bandas de música e agrupacións folk, pasando polos espectáculos de grandes orquestras para poñer o broche de ouro co concerto da artista internacional Soraya Arnelas.

“Este ano apostamos por ampliar o abano de propostas culturais e de lecer, sen deixar de lado aspectos máis tradicionais”, concreta o presidente da Asociación Cultural da Romaría da Barca de Muxía. Unha combinación perfecta que fai desta celebración todo un referente non só a nivel nacional, senón tamén internacional.

Amplo despregue de efectivos

Neste senso, a gran afluencia de visitantes requiriu dun amplo dispositivo de efectivos de emerxencias e seguridade. “Como en anteriores ocasións, contamos con preto dun cento de voluntarios de Protección Civil de distintas partes de Galicia e tamén doutros puntos de España, como Madrid, Comunidade Valenciana ou Estremadura”, explicou.

Ademais, e coa fin de velar pola saúde das persoas asistentes, contouse con 3 UVIs móbiles; un equipo do SAMUR de 10 profesionais, e outro especializado en Violencia de Xénero, de Xetafe, con 4 integrantes. A estes sumáronse unha vintena de efectivos da Policía Local, así como unha decena de patrullas da Garda Civil (Tráfico, Seprona e antidisturbios).

La entrada A Romaría da Barca de Muxía pechou a súa edición máis multitudinaria superando os 55.000 asistentes se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A tradicional procesión ata o Santuario pecha unha Romaría da Virxe da Barca que aspira á súa internacionalización
“Muxía non se entende sen a súa Virxe da Barca, nin sen o seu Santuario. É algo que nos define, algo moi propio que nos dá identidade e dignidade de ser”. Así arrincaba esta mañá a misa do Luns da Barca o vicario parroquial de Muxía, Ernesto Antonio Villegas Román, quen presidiu o oficio de despedida da Romaría, acompañado do cura párroco Daniel Turnes Rey.

A regreso da talla ao seu lugar, o templo, dende a Igrexa Parroquial, congregou non só a boa parte da veciñanza, senón tamén aos peregrinos que finalizaban o seu Camiño neste día de recollemento. A medida que ía avanzando a procesión, coa música da Banda Municipal de Ponteceso, muxiáns e muxiás tornábanse para portar á Virxe ata o templo.

A popularidade do sentimento muxián fóra das súas fronteiras está a medrar edición tras edición, e este ano fíxose moi patente. Persoas vidas dende o Reino Unido, Estados Unidos, Corea do Sur e Taiwán mesturáronse entre os locais, nunha concorrida procesión e misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de Muxía. “Unidade” foi a verba máis repetida nunha homilía na que se animou a engrandecer, aínda máis se cabe, a devoción pola Nosa Señora da Barca.

Ademais, Daniel Turnes celebrou a sinatura do convenio coa Xunta de Galicia, de arredor de 250.000 euros, que vai permitir a restauración interior e exterior do Santuario, e salientou o seguinte paso a dar: a recuperación do retablo que se perdeu no incendio do 25 de decembro de 2013. A Eucaristía rematou, como de costume, coa entoación do Himno da Virxe da Barca, que emocionou a moitos e arrincou numerosos vivas e salves á patroa.

Nas rúas da vila, atopábanse catro testemuñas que coñeceron de preto a tradición muxiá nesta fin de semana. Os relatos independentes de David Smith, Elizabeth Phamestir, Yo Han e Sindy Wang coinciden nun detalle: decidiron prolongar a súa peregrinaxe máis aló de Santiago de Compostela, ata Muxía, coñecedores todos de que aquí, existe unha grande historia e contorna natural incribles. Non son crentes, pero aseguran que algo se lles removeu por dentro ao viviren esta experiencia.

O colofón da edición máis internacional

Após os actos relixiosos, o Luns da Barca continuou no Malecón coa sesión vermú a cargo da orquestra M-3 Show, que repetirá pase pola tarde-noite. O broche de ouro porao a cantante internacional Soraya Arnelas, que trae a Muxía a súa xira do 20 aniversario.

La entrada A tradicional procesión ata o Santuario pecha unha Romaría da Virxe da Barca que aspira á súa internacionalización se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Romaría da Virxe da Barca bate récords de popularidade na súa edición máis internacional
“A Romería da Virxe da Barca é un sentimento… Non se pode explicar con verbas”. Así é como moitos muxiáns describen a súa devoción por unha das romerías máis coñecidas de Galicia. E non foi para menos, xa que nesta edición, a cita bateu récords de popularidade nunha xornada grande que destacou polo seu carácter internacional.

Xa desde ben cedo, romeiros vidos de distintos puntos achegáronse a Muxía a vivir ese “sentimento muxián”: esa maxia que o Santuario da Barca, as pedras que se atopan ao seu arredor e súa a incrible contorna. Unha maxia que tamén permitiu que a localidade se convertese nun oasis meteorolóxico cunha xornada apracible, contrastando coa choiva que caeu noutros municipios da contorna.

Aínda así, a devoción pola Virxe da Barca bateu novamente récords de asistencia, superando as cifras de anos anteriores, nunha Misa de Campaña -cantada pola Coral Polifónica de Muxía- que achegou esta singular tradición da vila mariñeira galega a un público multitudinario. O Deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago, Manuel Jesús Formoso Fernández, presidiu a Eucaristía xunto co cura párroco, Daniel Turnes Rey. Este último agradeceu a implicación de toda a veciñanza e dos voluntarios chegados de distintos puntos de España na organización desta cita, que colleitou un gran éxito de convocatoria.

Novidades na traca de bombas de palenque

Tras a celebración da Misa de Campaña, integrantes de Protección Civil de Muxía portaron a talla orixinal da Virxe da Barca, datada do século XV, ata o peirao da localidade. A procesión foi acompañada pola Banda Jesús Nazareno de Ferrol e por máis dun milleiro de persoas que percorreron as rúas da capital muxián.

O paso chegou a un lateral da lonxa e alí procedeuse a un dos intres máis agardados e emotivos da xornada: a maior traca de bombas de palenque de Galicia. “Nesta ocasión, como novidade, unha maior potencia e máis colorido na nosa pirotecnia, lanzando as primeiras bombas de palenque desde dous barcos e non un como se viña facendo con anterioridade”, explica Ramón Pérez Barrientos, presidente da Asociación Cultural da Romería da Barca de Muxía, organizadora do programa festivo.

Unha vez finalizada a traca, Daniel Turnes procedeu á tradicional bendición da Barca, levantando a imaxe da Virxe ante a mirada emocionada do público. O son das sirenas dos barcos e os intensos vivas puxeron o broche a este acto, que deu paso a un novo percorrido da imaxe da Virxe, que foi depositada na Igrexa parroquial de Muxía, sendo esta a única noite que pasa fóra do Santuario da Barca.

Mentres tanto, no peirao, comezaba a macrosesión vermú con Acordes e Galicia, que repetirán pase á noite xunto coa orquestra Los Satélites.

Luns da Barca, a xornada da veciñanza

O Luns da Barca caracterízase por estar protagonizada polas xentes de Muxía. No Santuario, haberá misas ás 10.00 horas e ás 19.00 horas.

O acto central da xornada será a saída da procesión desde a igrexa parroquial ata o Santuario, ás 12.30 horas. Unha vez de volta a imaxe da Santa no templo, terá lugar a Misa solemne presidida polo cura párroco.

Paralelamente, haberá verbena a cargo da orquestra M-3 Show. O broche de ouro aos festexos máis grandes de Muxía porao a cantante internacional Soraya Arnelas cun concerto a partir das 23.30 horas no Malecón.

Toda a información sobre a celebración pódese consultar na web do evento https://romeriadabarcademuxia.com/ e nos seus perfís en Facebook e Instagram.

La entrada A Romaría da Virxe da Barca bate récords de popularidade na súa edición máis internacional se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

Orgullo de canteira futbolística na apertura oficial da Romaría da Virxe da Barca
“Aquí non só hai festa. Hai fe, cultura, tradición mariñeira, hospitalidade e, sobre todo, hai corazón”. Así definiron onte as xogadoras a xogadoras do CF Muxía a Romería da Virxe da Barca, na apertura oficial dos festexos máis grandes da localidade de Costa da Morte que fixo gala do seu orgullo de canteira futbolística e de vila acolledora de visitantes, máxica e chea de atractivos.

O rexedor muxián, Javier Sar, fixo de mestre de cerimonias deste acto, presidido polo director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e no que tamén participaron os integrantes da Asociación Cultural da Romería da Barca de Muxía -encabezados por Ramón Pérez Barrientos-, e a concelleira de Cultura, Sandra Vilela. Na súa intervención, o alcalde gabou os logros acadados polo CF Muxía no último ano. Un dos motivos polos cales se lles asignou ao club a tarefa de ser pregoeiro desta edición da festa.

Ao fío disto, o presidente do club, Juan José Busto, lembrou que “o 8 de xuño os nosos sénior masculino e feminino facían historia no libro muxián, chegando á final da Copa da Costa, nada máis e nada menos que 59 anos despois”. Un fito que agradeceron á Virxe da Barca realizando unha ofrenda floral.

Busto dedicou unhas verbas tamén á xuventude muxiá, porque “neles está o presente e o futuro do noso pobo. Sodes a enerxía que enche as rúas de ledicia e os campos de fútbol de ilusión. O voso esforzo, a vosa creatividade e a vosa unión mantedes vivo o espírito de Muxía e asegurades que estas festas sigan brillando xeración tras xeración”, concluíu entre os aplausos e vítores das centos de persoas que se achegaron ata o Malecón para asistiren ao pregón.

As xogadoras e xogadores do CF Muxía tomaron despois a palabra para louvar o poder integrador que ten a localidade en xeral, e a Romería da Barca en particular. “É un canto á unidade, como o noso club”, afirmaron, ao tempo que desexaron que “nunca nos falten as alegrías destas festas nin a forza da nosa xente e que Muxía siga brillando coa mesma paixón que levamos nós cada domingo ao campo”.

Referente no calendario festivo

Pechou o acto Xosé Manuel Merelles, quen lembrou que a Romería da Virxe da Barca é Festa de Interese Turístico Nacional desde hai case catro décadas, contando con numerosos “valores e recursos para encandilar os visitantes. De feito, o Santuario da Barca é un lugar dos considerados máxicos en Galicia”, concretou.

Neste senso, e no obxectivo de ampliar o coñecemento da celebración alén as fronteiras españolas, Merelles asegurou que a cita conta con “méritos suficientes para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, sendo un referente dentro do calendario de festas galegas por moitas razóns: representa a identidade de Galicia, mestúranse nela fermosas paisaxes naturais, a historia, a arqueoloxía, a cultura o mar, a relixiosidade, a música e a festa”.

Ademais, como meta da prolongación do Camiño de Santiago, “Muxía representa a cultura xacobea, definida pola solidariedade, o respecto, a humildade, a tolerancia e a empatía. Lugares de encontro como este están chamados a ter cada vez un maior protagonismo”, sentenciou desexando a toda a veciñanza e visitantes que gozaran destas xornadas festivas.

Tras o pregón, iniciouse a verbena nocturna, a cargo da Orquestra Kubo. Aínda coas choivas intermitentes que caeron pola noite, as centos de persoas asistentes non quixeron renunciar ao pase musical desta agrupación que continuou cunha sesión a cargo de Disco Móvil CDC.

Programación para hoxe

A tirada de bombas de palenque desta mañá marca o inicio da segunda xornada festiva en Muxía, xunto co pasarrúas de cabezudos, gaiteiros e charangas polas rúas de Muxía. Non faltarán outras actuacións como a da Banda de Música de Ponteceso e outras agrupacións musicais que animarán o ambiente na vila. Pola súa banda, no Santuario da Barca ofreceranse misas ás 11.00, 13.00 (cantada), 18.00 e 19.00 horas.

A parte lúdica estará protagonizada polas orquestras Alianza, que se encargará da sesión vermú, e pola París de Noia, que ofrecerá o seu espectáculo pola noite, xunto coa anterior formación. O momento máis destacado será a gran sesión de fogos artificiais desde o peirao, que darán comezo ás 00.30 horas.

Toda a información sobre a celebración pódese consultar na web do evento https://romeriadabarcademuxia.com/ e nos seus perfís en Facebook e Instagram.

La entrada Orgullo de canteira futbolística na apertura oficial da Romaría da Virxe da Barca se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Romaría da Virxe da Barca inicia mañá catro xornadas de intensa actividade
As rúas de Muxía empezan a bulir de actividade con todos os preparativos para Romería da Virxe da Barca, celebración declarada Festa de Interese Turístico Nacional (FITN) desde 1989 e que conta co apoio da Xunta de Galicia para o seu desenvolvemento. A cita terá lugar entre mañá e o luns 15 de setembro e integra un completo programa de propostas, que combina tanto os oficios relixiosos como as actividades culturais e de lecer.

“Agardamos que o tempo nos respecte, especialmente no día grande, e que poidamos celebrar a Romería da Barca con normalidade”, explica o presidente da Asociación Cultural, Ramón Barrientos. Desde a organización deste evento están a traballar arreo para proxectar a cita máis grande de Muxía alén as fronteiras españolas. De feito, a localidade recibirá a visita de profesionais de medios internacionais que amosaron o seu interese en coñecer de preto esta cita.

No tocante á programación festiva, a xornada de mañá, 12 de setembro, comezará coa tirada de 21 bombas de palenque ás 12.00 horas para despois dar paso aos pasarrúas de xigantes e cabezudos con grupos de gaitas pola vila (que se repetirán nas mañás do sábado 13, á mesma hora, e o domingo 14 e o luns 15, ás 09.00 horas).

Seguidamente, terá lugar a primeira sesión vermú con Disco Móvil CDC, que tamén finalizará esta primeira xornada festiva con outra actuación pola noite.

Pregón a cargo do CF Muxía

A inauguración oficial da Romería da Barca terá lugar ás 20.30 horas no palco da orquestra, localizado no Malecón. Neste ocasión, e nunha homenaxe ao deporte base, o pregón estará protagonizado polos xogadores e xogadoras do CF Muxía. O acto estará presidido polo director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, por integrantes da Asociación Cultural da Romaría da Barca de Muxía, e por representantes do Concello de Muxía.

Seguidamente, arredor comezará a verbena nocturna. Esta correrá a cargo da orquestra Kubo, que presume de ser a que conta co palco máis grande de España.

A música será tamén protagonista no Sábado da Barca, coa verbena amenizada pola orquestra Alianza, que repetirá pase pola noite, xunto coa París de Noia. O intre máis importante será a gran tirada de fogos de artificio desde o peirao muxián, que comezará ás 00.30 horas.

A pirotecnia continuará o día grande da Romería da Virxe da Barca, domingo 14 de setembro, coa tirada da maior traca de bombas de palenque de toda Galicia ás 14.30 horas, seguida dunha actuación da Coral Polifónica Virxe da Barca. Haberá macrosesión vermú con Acordes e Galaxia, que repetirán pase á noite xunto coa orquestra Los Satélites.

Para pechar a programación musical, a cantante internacional Soraya Arnelas ofrecerá un concerto o luns ás 23.30 horas no peirao. Ese mesmo día pola mañá, para a sesión vermú, haberá pase da Orquestra M-3 Show.

Programación relixiosa

As propostas de lecer convivirán en todo momento coa devoción e o recollemento propios destas xornadas tan importantes. Mañá finalizará a Novena da Barca, coa Eucaristía das 19.00 horas, que contará co subdelegado episcopal de Infancia e Xuventude e párroco da U.P. de Riazor en A Coruña, Santiago Romero.

Para o Sábado da Barca haberá misas ás 11.00, 13.00 (cantada), 18.00 e 19.00 horas. O Domingo da Barca, día grande, haberá Eucaristía ás mesmas horas. Porén, a das 13.00 horas, a Misa de campaña, será o acto central da xornada e celebrarase no exterior do Santuario da Barca. Seguidamente, terá lugar a procesión que levará a imaxe da Virxe da Barca ata o peirao, onde se procederá á bendición e a tirada de bombas de palenque para despois trasladar á Santa á Igrexa parroquial.

O Luns da Barca haberá misas ás 10.00 horas e ás 19.00 horas. Ás 12.30 horas, sairá a procesión da igrexa parroquial ata o Santuario, onde terá lugar a Misa solemne.

Activación do Plan de Seguridade

Ante a previsión da asistencia de numerosos visitantes, o Plan de Seguridade da Romería da Virxe da Barca xa está activado desde onte. Para a xornada grande está prevista a asistencia de numerosos efectivos de seguridade e emerxencias procedentes de distintos puntos de Galicia e España. Entre eles, UVIs móbiles, unidades especializadas en Violencia de Xénero, equipos do SAMUR, unha decena de patrullas da Garda Civil, así como máis de medio cento de voluntarios de agrupacións de Protección Civil de Galicia e doutras comunidades como Madrid ou Extremadura.

Toda a información sobre a celebración pódese consultar na web do evento https://romeriadabarcademuxia.com/ e nos seus perfís en Facebook e Instagram.

La entrada A Romaría da Virxe da Barca inicia mañá catro xornadas de intensa actividade se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

Centos de persoas participaron na procesión das Antorchas, que estreou percorrido ampliado
Centos de persoas acompañaron onte á Virxe da Barca na procesión das Antorchas, que se celebrou por segundo ano tras terse recuperado. O percorrido ampliouse ata 2,5 quilómetros, segundo explicou o párroco do Santuario, Daniel Turnes, “coa fin de facilitar que todas aquelas persoas, especialmente, ás maiores que, por motivos de saúde, non poidan participar, vexan a Nosa Señora da Barca”.

A procesión tivo que ser adiada a onte por mor das adversas condicións meteorolóxicas do sábado. O Santuario da Barca estaba xa ateigado de fieis antes da celebración da Novena do día, que contou co Vicario episcopal de Pastoral e párroco in solidum da Unidade Pastoral de Pontevedra Norte, Francisco Javier Porro. A Eucaristía estivo acompañada polas voces da Coral Polifónica de Muxía.

Unha vez finalizados os oficios, Daniel Turnes tomou a imaxe da Santa para colocala na renovada andia e iniciar a procesión. O paso contou coa participación de centos de fieis que, nun ambiente de recollemento, percorreron as rúas da vila ante as miradas de numerosa veciñanza que seguíu desde as portas e fiestras das súas casas a procesión das Antorchas.

Durante todo o percorrido fóronse mudando os portadores da andia de Nosa Señora da Barca, de xeito que puidera participar o maior número de fieis posible. A última parada da comitiva realizouse a carón da estatua de A Ferida, onde, como colofón á procesión das Antorchas, se realizou unha vistosa tirada de fogos de artificio desde o Santuario da Barca de Muxía. Concluíu a procesión coa chegada da imaxe da Santa ao templo e a bendición final do predicador da xornada e os vítores de “Viva a Virxe da Barca”.

A Novena da Barca continuará ata o 12 de setembro, contando con predicadores diferentes cada xornada. Os oficios das 19.00 horas retransmitiranse en streaming a través da fan page do Facebook e a canle de YouTube do Santuario da Barca. O Templo está aberto durante todo o día e pódese acceder ao camerín da Virxe da Barca.

Programación festiva

O programa cultural e de lecer da Romería da Virxe da Barca de Muxía, declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 1989 e que conta co apoio da Xunta de Galicia para súa celebración, comezará o propio venres 12 de setembro. A tirada de 21 bombas de palenque ás 12.00 horas anunciarán o inicio da festa para despois dar paso aos pasarrúas de xigantes e cabezudos con grupos de gaitas pola vila (unha actividade que se repetirá todos os días da festa). Para esta primeira xornada, dedicada máis á xente nova, ofrecerase no peirao de Muxía unha sesión vermú con Disco Móvil CDC e a verbena nocturna, con Kubo, que conta co palco máis grande de España, e finalizará con CDC.

Para o Sábado da Barca resérvase a sesión vermú amenizada por Alianza, que se unirá pola noite ao espectáculo de París de Noia. Ás 00.30 horas haberá a gran sesión de fogos de artificio desde o peirao.

O día grande da Romería da Barca de Muxía, ademais da Misa de Campaña e a procesión ao peirao, ofrecerase a tradicional tirada da maior traca de bombas de palenque de toda Galicia (14.30 horas). A continuación, macrosesión vermú con Acordes e Galaxia, que repetirán pase á noite xunto coa orquestra Los Satélites.

O broche de ouro aos festexos máis grandes de Muxía porao a cantante Soraya, que actuará o luns 15 de setembro ás 23.30 horas no peirao. Durante o día, ademais da procesión das 13.00 horas, haberá sesión vermú coa Orquestra M-3 Show.

Toda a información sobre a celebración pódese consultar na web do evento https://romeriadabarcademuxia.com/ e nos seus perfís en Facebook e Instagram.

La entrada Centos de persoas participaron na procesión das Antorchas, que estreou percorrido ampliado se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Romería da Virxe da Barca celebrarase do 12 ao 15 de setembro cun amplo programa de actividades relixiosas e culturais
O Santuario da Nosa Señora da Barca de Muxía acolleu a presentación do programa de actividades da Romaría da Virxe da Barca de Muxía. Esta cita está declarada Festa de Interese Turístico Nacional desde 1989, e conta co apoio da da Xunta de Galicia para a súa celebración.

No acto participaron o presidente da Asociación Cultural da Romería da Barca de Muxía -organizadora do evento-, Ramón Pérez Barrientos; o alcalde de Muxía, Francisco Javier Sar; a concelleira de Cultura, Sandra Vilela; o cura párroco do Santuario da Barca, Daniel Turnes, e o patrón maior de Muxía, Daniel Castro. Os días grandes da celebración serán entre os vindeiros 12 e 15 de setembro, se ben a programación litúrxica comezará o día 4 coa Novena da Barca.

Ramón Pérez salientou as propostas de lecer que se organizaron para este ano, agardando que a Romería da Virxe da Barca “volva a ser todo un éxito de asistencia” e salientou o traballo que se está a desenvolver, en colaboración coa Xunta de Galicia, para que o evento sexa declarado Festa de Interese Turístico Internacional. Nese mesmo senso, falou o rexedor muxián, quen amosou a súa satisfacción polo amplo programa de propostas tanto relixiosas como culturais que agarda “enchan a nosa vila de visitantes para gozar destas xornadas tan especiais”.

Orquestras de renome

O presidente da Asociación Cultural Romería da Barca de Muxía explicou o programa cultural desta edición 2025. “Non faltarán as orquestras de renome e haberá unha gran actuación final de Soraya, que porá o broche de ouro á programación deste ano”, anunciou na presentación desta mañá.

Con respecto á propia programación, iniciarase o venres 12 de setembro coa tirada de 21 bombas de palenque ás 12.00 horas para despois dar paso aos pasarrúas de xigantes e cabezudos con grupos de gaitas pola vila. Un comezo de xornada que se repetirá os seguintes días (o sábado 13, á mesma hora, mentras que o domingo 14 e o luns 15 terá lugar ás 09.00 horas).

As actuacións musicais seguirán sendo as protagonistas na zona do porto durante as catro xornadas festivas. Así, o venres 12 a sesión vermú correrá a cargo de Disco Móvil CDC e para a verbena nocturna ofrecerase a actuación de “Kubo, que conta co palco máis grande de España” -indicou Pérez Barrientos-, e finalizarase a velada coa Disco Móvil CDC.

O Sábado da Barca haberá unha sesión vermú amenizada por Alianza e, xa pola noite, a gran actuación da París de Noia, xunto coa anterior orquestra. Non faltará ás 00.30 horas a gran sesión de fogos artificiais desde o peirao.

A pirotecnia continuará o día grande da Romería da Virxe da Barca, domingo 14 de setembro, coa tirada da maior traca de bombas de palenque de toda Galicia ás 14.30 horas, seguida dunha actuación da Coral Polifónica Virxe da Barca. Haberá macrosesión vermú con Acordes e Galaxia, que repetirán pase á noite xunto coa orquestra Los Satélites.

A Orquestra M-3 Show será a encargada o luns 15 de amenizar a sesión vermú. O broche de ouro á celebración porao a cantante Soraya, a partir das 23.30 horas no peirao muxián.

Programación relixiosa

Pola súa banda, Daniel Turnes encargouse de debullar o programa relixioso para estas xornadas. Toda información está dispoñible na web do Santuario (https://santuariodeabarca.org/). O párroco indicou que durante a Novena e todas as xornadas festivas haberá sempre sacerdotes para atender en confesión.

Os actos litúrxicos comenzarán o 4 de setembro coa celebración da Novena da Barca, con misas todos os días ás 09.00 e ás 19.00 horas. Nestas últimas, cada día contarase cun sacerdote diferente para a realización da Eucaristía. Durante a Novena (ata o día 12) haberá actos extraordinarios, entre os que salientan os do sábado 6 de setembro, coa celebración coas crianzas ás 17.00 horas e a saída da Procesión nocturna das Antorchas ás 20.30 horas desde o Santuario da Barca. O domingo 7 haberá a tradicional celebración coas persoas maiores e enfermas, e o martes 9 realizarase o funeral polos difuntos devotos da Barca.

Xa dentro dos días grandes da festa, o sábado 13 haberá misas ás 11.00, 13.00 (cantada), 18.00 e 19.00 horas, que tamén se repetirán ao día seguinte. Porén, o Domingo da Barca ofrecerase a Misa de Campaña ás 13.00 horas, que contará coa Coral Polifónica Virxe da Barca para despois iniciar a procesión ata o porto e realizar a tradicional bendición.

O Luns da Barca ás 10.00 horas sairá a procesión da Igrexa parroquial ata o Santuario, onde se desenvolverá unha Misa solemne. O último dos oficios terá lugar ás 19.00 horas con outra Eucaristía. Daniel Turnes animou a veciñanza e visitantes a participar nos actos relixiosos, ao tempo que lembrou que, seguindo a liña iniciada o ano pasado, “retransmitiremos misas e a Novena en streaming, a través da páxina de Facebook do Santuario”. Deste xeito, procúrase achegar os oficios no Santuario da Barca a calquera persoa do mundo.

La entrada A Romería da Virxe da Barca celebrarase do 12 ao 15 de setembro cun amplo programa de actividades relixiosas e culturais se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Romaría da Virxe da Barca atraeu a Muxía máis de 50.000 persoas durante as súas xornadas festivas
A organización destaca o incremento de visitantes estranxeiros e a ocupación ao 100% nas máis de 2.000 camas do municipio

O Santuario abre fronteiras coa retransmisión dos oficios vía streaming, acumulando unha media de 1.200 visualizacións

Muxía, 23 de setembro de 2024. Máis de 50.000 persoas encheron Muxía a pasada semana durante as xornadas festivas da Romaría da Barca. Así o indicaron desde a Asociación da Romaría da Barca de Muxía, organizadora do evento, declarado de Interese Turístico Nacional en 1989 e que conta co apoio da Xunta de Galicia para a súa realización.

“Estamos moi satisfeitos coa excelente asistencia rexistrada nesta edición. Rexistrouse un incremento con respecto ao ano pasado tanto na parte lúdica como relixiosa da programación”, afirma o presidente da entidade organizadora, Ramón Pérez. Non en balde, a ocupación das máis de 2.000 camas rexistradas no municipio muxiano estivo ao 100% durante toda a semana pasada.

Igual de cheos estiveron nos restaurantes da localidade que se complementaron coa actividade frenética nas 3 carpas de polbeiras -cunha capacidade media de 1.000 persoas-, e nos máis de 20 postos de comida instalados na capital muxiana. “De feito, varios dos postos esgotaron as existencias de produto”, explica o presidente da entidade organizadora, Ramón Pérez, quen indica que na próxima edición se prevé o incremento deste tipo de servizos de comida e bebida ambulante, dada a elevada demanda rexistrada.

Desde Sudamérica, Europa e Asia

No que a asistentes se refire, Ramón Pérez indicou que “nos últimos años, notaron un incremento de visitantes estranxeiros, e, nesta edición, máis que en anteriores ocasións”. Entre as procedencias, destacan especialmente as de Sudamérica, xa que “moitas persoas están emigradas en países como Arxentina, Uruguai ou Paraguai e aproveitan para visitar aos seus familiares”.

Chamou especialmente a atención un grupo de peregrinos asiáticos, que mostraron moito interese por todos os oficios desenvolvidos no Santuario, así como polas diferentes actividades incluídas na programación deste evento. Non menor importancia tivo o rexistro de asistentes procedentes desde Portugal, desde onde se fretaron varios autobuses que foron chegando a Muxía nas diferentes xornadas festivas, con especial incidencia no domingo grande da Barca.

Xa dentro do territorio nacional, sorprendeu o incremento de “grupos de Andalucía. De feito, na romaría do domingo chegaron 2 autobuses desde Chiclana de la Frontera, con máis de 100 persoas interesadas en vivir a devoción pola nosa Virxe”, concreta o presidente da Asociación da Romaría da Virxe da Barca.

As xornadas máis multitudinarias foron as do sábado e domingo, cunha media de 20.000 asistentes cada unha delas. A programación lúdica, que encheu Muxía de música, pasarúas e diferentes actuacións, contribuíu á elevada asistencia. A ela se sumou o día grande, coa procesión da Virxe da Barca e a solemne misa campestre -coa asistencia dunhas 5.000 persoas-, que culminou coa maior tirada de bombas de palenque de Galicia no porto muxiano. “Trátase dunha actividade que chama moitísimo a atención e que sorprende e impresiona moito ás persoas visitantes”, explica Ramón Pérez.

Con respecto ao resto de xornadas, a do venres contou con ao redor de 5.000 persoas, mentres que a do xoves a afluencia foi algo menor. No caso do luns, tamén se superaron os 5.000 asistentes que desfrutaron non só da procesión de garda da Virxe da Barca, senón tamén das últimas propostas lúdicas do programa, entre as que destacou a festa da escuma infantil, ademais das orquestras e grupos musicais, que puxeron o broche de ouro aos festexos en Muxía.

Un Santuario cada vez máis internacional

Pola súa banda, o párroco muxiano, Daniel Turnes, tamén se amosou moi satisfeito porque “o número de peregrinos á Romaría creceu exponencialmente”. A falta de concretar cifras, si que se rexistrou unha excelente resposta da cidadanía e visitantes á posibilidade de “acceder ao camerín, onde poden ver á Virxe máis de preto. É a primeira vez que se abre ao público en tres décadas e gustou moito”, explica.

Ademais desta novidade, desde o Santuario realizaron “unha aposta moi arriscada” ao facilitar a asistencia virtual aos oficios a través do streaming. Desde a páxina de Facebook do Santuario da Barca, retransmitíronse en directo as diferentes Eucaristías, comezando coas da Novena -que tamén rexistrou un incremento de afluencia con centos de asistentes cada día-. De acordo cos primeiros datos que barallan desde a parroquia, “obtivemos unha media de 1.200 visualizacións de cada directo e non deixamos de recibir felicitacións por estas retransmisións”, detalla Daniel Turnes.

Non en balde, o uso das novas tecnoloxías facilitou a internacionalización do Santuario da Barca, xa que “se rexistraron moitas visitas desde o continente americano e, mesmo, temos constancia de persoas que están embarcadas e que, grazas ao streaming, puideron seguir os diferentes oficios”. Dada a boa resposta, desde a parroquia barallan a posibilidade de realizar unha retransmisión diaria das misas co fin de ampliar a devoción pola Virxe da Barca.

Amplo despregamento de efectivos de seguridade e emerxencias

A pesar da multitudinaria asistencia, “non se rexistraron incidentes”, explica Ramón Pérez. Aínda así, e para favorecer o adecuado desenvolvemento de todos os actos, a Romaría da Barca de Muxía contou cun amplo despregamento de efectivos de seguridade e emerxencias, vindos desde distintos puntos de Galicia e España.

Así, a celebración contou con 3 UVIs móbiles; un equipo do SAMUR, de 10 profesionais, e outro especializado en Violencia de Xénero, de Xetafe, con 4 integrantes. A estes sumáronse unha vintena de efectivos da Policía Local, así como unha decena de patrullas da Garda Civil (Tráfico, Seprona e antidisturbios). Ademais, Muxía contou con máis máis de 60 voluntarios de agrupacións de Protección Civil de Galicia e outras comunidades como Madrid e Estremadura.

La entrada A Romaría da Virxe da Barca atraeu a Muxía máis de 50.000 persoas durante as súas xornadas festivas se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Charanga NBA protagonizará o pregón da Romaría da Virxe da Barca de Muxía
Desde a organización queren agredecer a implicación deste grupo, que leva 38 anos actuando de xeito ininterrompido na celebración

Muxía, 10 de setembro de 2024. O Santuario da Nosa Señora da Barca de Muxía vén de acoller esta mañá a presentación das principais novidades da Romaría da Virxe da Barca de Muxía, que se desenvolverá entre os días 12 e 16 de setembro. Esta celebración está declarada como Festa de Interese Turístico Nacional desde 1989 e conta co apoio da Xunta de Galicia para a súa celebración.

O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Asociación Cultural da Romaría da Barca, Ramón Pérez, que estivo acompañada polo alcalde muxián, Iago Toba; o cura párroco, Daniel Turnes, e o presidente da Asociación Cultural Charanga NBA, Julio Pan.

Na súa intervención, Ramón Pérez anunciou que “a Charanga NBA será a encargada de dar o pregón deste ano. É un grupo que sempre se verá no noso cartel. Levan actuando na Romaría da Barca de Muxía durante 38 anos e de xeito ininterrompido, incluso durante a pandemia. Por todo o seu apoio durante estas case catro décadas, queremos que sexa a protagonista nesta edición”, explicou.

O pregón terá lugar o venres ás 21.00 horas na Praza do Cabo da Vila. Julio Pan puxo de manifesto a “gran honra que é para nós ser pregoeiros desta festa. A Barca de Muxía é unha festa obrigatoria no noso calendario. Empezamos a actuar aquí coa fundación da charanga e xa van alá 38 anos. Sentímonos como en casa”, concluíu.

O presidente da Asociación Cultural da Romaría da Barca salientou as principais actividades que se ofertarán entre este xoves e o próximo luns en Muxía. Entre elas, non faltarán as verbenas nocturnas a cargo de orquestras, a tirada de bombas máis grande de Galicia, a sesión de fogos de artificio do sábado, ou os pasarrúas diarios de diferentes agrupacións.

Reforzo na posta en valor da celebración

Pérez agradeceu á Xunta de Galicia “o firme apoio á nosa celebración”, á que cada ano acode un maior número de visitantes. Neste senso, indicou que se está a realizar un esforzo pola “mellora da imaxe” da Romaría para contribuír á súa proxección tanto nacional como internacional. Estes esforzos materializáronse xa na posta en marcha dunha web sobre a celebración e presenza da mesma en dúas das principais redes sociais (Facebook e Instagram).

Non en van, son cada vez máis as persoas que visitan Muxía ano tras ano. Un dos condicionantes é o tirón do Camiño, que resulta un factor fundamental e que conforma un dos principais atractivos tanto para peregrinos como para fieis.

Benvida e estampas en 9 idiomas

No tocante á internacionalización, Daniel Turnes salientou algunhas das principais novidades aplicadas nesta edición do evento. “Vimos de instalar un cartel de benvida a carón do Santuario en nove idiomas e tamén creamos estampas nestes idiomas, entre os que se atopan inglés, alemán, italiano e chinés”, indicou.

Para aquelas persoas que non poden achegarse ao Santuario, ofrécese tamén a posibilidade de “seguir os principais oficios a través de streaming. Unha iniciativa que está a rexistrar moi boa acollida desde a súa posta en marcha. Tamén retransmitiremos a misa de campaña do domingo tras a procesión”, engadiu.

Coa estrea da réplica en 3D da talla da Virxe da Barca, tamén se habilitou “un novo camerín ao que se pode acceder, de xeito que os fieis poidan achegarse á imaxe da Santa”. Igualmente, estreouse un altar e instalouse un queimadoiro máis grande.

Ademais, mudouse a data de saída da procesión das antorchas. “Celebrouse o pasado sábado e contou coa asistencia de máis de 600 persoas”, afirmou o párroco.

O alcalde amosouse moi satisfeito coa celebración desta nova edición da Romaría da Virxe da Barca de Muxía. Precisamente grazas a este evento e polo tirón do Camiño de Santiago, “o noso Concello está presente en todo o mundo” e aproveitou a ocasión para animar a veciñanza e visitantes a achegarse á localidade para gozar do variado programa de actividades, que terán no domingo 15 de setembro a súa xornada grande.

Toda a información sobre o programa de actividades -tanto relixiosas como de lecer- pódese atopar na web www.romeriadabarcademuxia.com e nos perfís que a celebración vén de poñer en marcha nas redes sociais Facebook e Instagram (@romeriadabarcamuxia).

La entrada A Charanga NBA protagonizará o pregón da Romaría da Virxe da Barca de Muxía se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.

A Romería Virxe da Barca despide unha edición multitudinaria coa procesión local de garda da Virxe
Os muxiáns saíron en masa para procesionar xunto á Virxe desde a Igrexa Parroquial de Santa María ata o seu santuario

A talla orixinal quedará custodiada ata a romaría do vindeiro ano, mentras que no templo quedará a súa recén estreada réplica 3D

Muxía, 16 de setembro de 2024. A Romaría Virxe dá Barca despediu a súa edición 2024, unha das máis multitudinarias dos últimos anos, coa tradicional procesión local, que leva á Virxe desde a Igrexa Parroquial de Santa María de Muxía, onde pasou a noite do domingo ao luns, de volta ao seu lugar no Santuario da nosa Señora dá Barca.

A xornada comezou ás 12:30 horas da mañá na igrexa parroquial, desde onde partiu unha concorrida procesión na que participaron boa parte dos veciños de Muxía. Xa no santuario, o novo sacerdote da localidade, Don Manuel Turnes, impartiu unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía.

Durante a homilía o párroco volveu pedir á súa fieis unidade, paciencia e oración, tal e como fixo na novena de apertura dos actos relixiosos que se celebrou o pasado 5 de setembro. Falou tamén da capacidade da Virxe dá Barca para unir á xente, e destacou que só con unidade será posible conseguir os novos retos que o santuario ten por diante: o encintado exterior e o pintado interior do templo, así como a reconstrución do seu retablo.

A misa finalizou, como de costume, coa entoación do Himno dá Virxe dá Barca, que emocionou a moitos dos presentes, e a entoación de numerosos de numerosos vivas e salves á súa patroa.

Finalizados os actos relixiosos, a festa comezou no porto de Muxía cunha sesión vermú a cargo da orquestra M-3 Show; así como coa actuación de charangas, bandas de gaitas, xigantes e cabezudos.

Unha gran verbena nocturna poñerá o broche final ás celebracións

Tras catro días de celebracións, as festas concluirán esta noite ao grande cunha gran verbena que se estenderá ata altas horas da madrugada.

Para despedir a festa, a organización optou por Orquestra Origen, unha agrupación fundada en 2022 que xa se converteu na revelación do ano e unha das máis demandadas no calendario de festas de Galicia. Xunto a eles estará tamén a orquestra M-3 Show que, tras o seu pase diúrno, ofrecerá aos muxianes o seu espectáculo “A Xira Tola 2024”.

Todo para pechar o calendario festivo da Romaría Virxe da Barca, un evento declaro de Interese Turístico Nacional no ano 1989 que nesta edición co apoio da Xunta de Galicia.

La entrada A Romería Virxe da Barca despide unha edición multitudinaria coa procesión local de garda da Virxe se publicó primero en Romería da Barca de Muxía.