Saltar ao contido

Romería da Barca de Muxía

A Virxe da Barca

O Santuario/A Virxe da Barca

A devoción á Virxe da Barca foi tan profunda que a principios do século XVIII instalouse no Santuario unha pequena talla gótica da Santa. Unha das súas singularidades é a posición do Neno Xesús na súa man dereita, un detalle que a distingue de outras imaxes da época.

Tras unha restauración no século XIX que modificou lixeiramente o seu rostro, a talla orixinal é hoxe en día un tesouro custodiado con mimo. Para asegurar a súa integridade, consérvase a bo recado “baixo sete chaves”. Precisamente o feito de que se atope fora do propio Santuario -salvo para certos oficios e festividades concretas é o que levou a que se salvase milagrosamente do devastador incendio de 2013.

A devoción por esta Virxe milagreira continuou ao longo dos anos chegando a un gran fito no ano 1946. Foi entón cando o Papa Pío XII autorizou a canonización da Virxe da Barca, en referencia á aparición da Santa ao Apóstolo Santiago en Muxía. Trátase este dun privilexio que poucas Virxes alcanzaron en España.

A imaxe da Santa avanzou conforme aos tempos e para a Romaría de 2014 estreouse unha réplica en 3D da talla orixinal. Foi creada coa última tecnoloxía e actualmente preside o Santuario, salvagardando, deste modo, a figura decimonónica.

Para facilitar o achegamento dos miles de fieis que durante todo o ano visitan o Santuario, estreouse o pasado ano un camerín para a Virxe da Barca. Aquí se ofrece un espazo para o recollemento máis próximo á imaxe da Santa.

Ir o contido
Romería da Barca de Muxía
Resumen de privacidad

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.